Celébranse esta fin de semana dúas probas da II Fase de Niveis de Patinaxe Artística, correspondentes ás modalidades de Danzas Obrigatorias e Danza Libre, na xornada do sábado 5 de outubro en Arteixo e Figuras Obrigatorias en Vigo o domingo 6.
O C. D. Fervello organiza no Pazo de Deportes de Arteixo (A Coruña) a quenda correspondente ás Danzas Obrigatorias e Danza Libre cunha ducia de participantes dos niveis 2, 3, 4, 5 e 7, desenvolvéndose a competición a partir das 17:00 horas.
O domingo e baixo a organización do Club Patinaxe Balaídos, no pavillón do Carmen en Vigo (Pontevedra), daranse cita unha ducia de patinadoras dos niveis 1, 2 e 3 co inicio dos adestramentos ás 10:00 para continuar unha hora despois coas probas competitivas.
Os horarios e a orde de saída pódense consultar en http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/
#eupatino