O pavillón de Bouzas en Vigo (Pontevedra) terá unha axenda de partidos moi apretada este domingo 13 de maio, pois acollerá os encontros de dúas competicións. Por unha banda e abrindo a xornada, celebraranse as semifinais da Copa Federación Cativos entre Vigo Blue Ringed e CHL Meigas (10:00) e Galicia Rollers Negro contra Lóstregos (11:05). Pola tarde, ás 17:05 horas, disputarase a final entre os gañadores das semifinais. A fase final da Copa Federación Cativos está organizada por Vella Escola Vigo mentres que A Guarda HL será o que leve o peso da Cuarta Sede de Liga Galega Infantil, que ademais é a derradeira coa súa sétima xornada e que xa ten a Lóstregos Norte como primeiro clasificado da liga regular. Os catro encontros previstos xogaranse entre as 12:10 e as 15:55 nunha derradeira xornada que debe decidir que dous equipos acompañan a Lóstregos Norte e Club Hóckey Feminino Meigas na Final a 4, pois aínda que Trasnos e Lóstregos Sur contan con certa vantaxe empatados a 11 puntos na terceira e cuarta posición respectivamente, A Guarda Hóckey Liña podería acceder á cuarta praza.
A Liga Galega Feminina conclúe o venres a súa fase regular
Ademais, a Liga Galega Feminina tamén remata este venres ás 21:00 horas no pavillón Daniel Cordido Castro cun espectacular Club Hóckey Feminino Meigas enfrontándose ao Lóstregos Feminino, sendo este o líder provisional pero que non a ten asegurada ao atoparse Meigas con tres puntos menos, polo que unha vitoria destas podería mudar a clasificación da fase regular.
#eupatino