Esta fin de semana dan comezo as F4 de hóckey a patíns, das que sairán os equipos campións de Galicia nas diferentes categorías.
O Polideportivo Os Campóns acolle a F4 Alevín Feminina e a Xuvenil Feminina, organizadas polo HC Cambre.
En categoría Xuvenil os equipos participantes son: DP Berenguela, HC Liceo, HC Cambre e HC Borbolla.
Horarios Xuvenil:
Sábado:
10h: DP Berenguela – HC Borbolla
12h: HC Liceo – HC Cambre
Domingo:
11:45h 3° e 4° clasificado
18:45h Final
En categoría Alevín clasificáronse HC Liceo, HC Cambre, HC Borbolla e HC Raxoi.
Horarios Alevín:
Sabado:
17h: HC Liceo – HC Raxoi
18:45h: HC Cambre – HC Borbolla
Domingo:
10h: 3° e 4° clasificado
17h: Final

