PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
guias dxt

Jul 01

A Xunta publica a primeira entrega das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’

A Xunta de Galicia vén de publicar o primeiro número das Guías DXT Galego ‘Volvendo con sentidiño’ elaboradas pola Secretaría Xeral para o Deporte e expertos das tres universidades galegas para poñer á disposición de federacións, clubs, profesores e adestradores suxestións con base científica que permitan acelerar a volta á normalidade na práctica da actividade deportiva con toda a seguridade e cumprimento das normativas.

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, entende a elaboración deste documento como un novo exemplo do traballo do Goberno galego na busca do “constante apoio e consenso en todos e cada un dos membros desta sólida sociedade da que somos responsables”. Tras un comportamento “escrupuloso” durante os tres meses que tivo vixencia o estado de alarma na nosa Comunidade Autónoma, “a Xunta de Galicia entende que neste momento, garantir a seguridade e a saúde da nosa poboación tamén pasa por recuperar a actividade deportiva”, sentenciou.

 

O primeiro manual enviado a todos os clubs e federacións deportivas galegas e que se pode consultar na páxina web do Deporte galego, versa sobre as ‘Recomendacións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica do deportista en busca da súa motivación progresiva para as esixencias da competición’. Nesta primeira entrega destacan o consenso acadado entre o coordinador do proxecto, Rafael Martín Acero, representantes das tres universidades galegas e da Universidad Rey Juan Carlos e de Castilla La Mancha, sobre accións e suxestións para a aceleración da reactivación e readaptación técnico/táctica (perceptivo motoras e cognitivas).

 

Do mesmo xeito tamén cómpre subliñar a lección de Constantino Arce, da Universidade de Santiago, sobre o ‘Afrontamento da ansiedade e o estrés provocados pola Covid-19, recuperación da motivación para a práctica deportiva’; o documento elaborado polos profesores da Universiade da Coruña, Eliseo Iglesias, Eduardo Carballeira, Manuel Giráldez e José Luis Tuimil, ‘Capacidade neuromuscular. Capacidade metabólica’; así como o estudio ‘Primeiro recuperar e optimizar a habilidade técnico/táctica’ realizado por Miguel Fernández (Universidad Rey Juan Carlos), Javier Rico (Universidade de Santiago) e Rafael Martín, Dan Río e Joaquín Gómez (Universidade da Coruña).

 

A guía publicada é a primeira dunha serie que completará o documento único que contribuirá a reactivar os adestramentos e competicións das máis de 300 especialidades deportivas que se practican en Galicia e a recuperar o músculo do deporte galego, así como a plenitude física e psíquica de federacións, clubs e deportistas.

 

A segunda ‘Guía para a volta ao adestramento en deportes de equipo, controlando o risco de contaxio por coronavirus’ e mais a terceira, ‘Guía para a volta ao adestramento en deportes de loita/combate, controlando o risco de contaxio por coronavirus’, serán entregadas ao longo desta semana. A cuarta e a quinta, ‘Guía para a volta a competición en deportes de equipo, con adaptacións para o risco de contaxio por coronavirus’ e ‘Guía para a volta á competición en deportes de loita/combate, con adaptacións para o risco de contaxio por coronavirus’, serán entregadas en vindeiras datas.

 

Guía DXT galego «Volvendo con sentidiño»

xunta-deportes-protocolo-galego-parte1 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL