A Federación Galega de Patinaxe foi distinguida na Gala do Deporte de A Coruña e a súa comarca que organizou o xornal La Opinión A Coruña no centro Ágora. Un xurado formado por expertos e deportistas de diferentes ámbitos premiou o ente federativo pola organización do Campeonato de Europa de Hóckei Patíns, galardonada como mellor competición. Esta disputouse en xullo de 2018 con éxito de participantes e organización e nela España proclamouse campiona. En nome da Federación, que preside Vicente Torres Prada, recolleu o premio o vicepresidente, Julio Parga.
«Agradecer o Concello da Coruña, o xornal La Opinión, a Xunta de Galicia, pola súa colaboración no campeonato e a xente que estivo traballando, coma foron os voluntarios», agradeceu Parga no seu discurso.
Non remataron aí os galardóns, pois o Hockey Club Liceo foi distinguido como mellor equipo, a patinadora Nadia Iglesias coma mellor deportista promesa feminina, Unai Cereijo (CP Maxia) foi finalista coma mellor deportista promesa masculina, Rosa García (CP MAXIA) tamén o foi na categoría de mellor adestradora e Ignacio Alabart, fillo do exliceísta Kiko Alabart, e xogador do Barcelona, foi galardoado como mellor deportista masculino do 2018.
Fotos (de ezquerda a dereita: Julio Parga recolle o galardón, diploma do premio, Dava Torres, capitán do Liceo tras gana-lo premio de mellor equipo e trofeo acreditando o Campeonato de Europa de Hóckei Patíns coma a mellor competición de 2018). Fonte: FGP