Na mañá do sábado 1 de decembro,a Federación Galega de Patinaxe representada polo seu presidente, Vicente Torres, asinaba un acordo de colaboración con SWIFT para a presente tempada 2018-2019 e a seguinte 2019-2020 polo que a bola desta marca será a oficial no partidos de Hóckey sobre Patíns organizados pola FGP ademais de equipar ás seleccións galegas desta modalidade.
Estiveron presentes na sinatura do mesmo xunto a Vicente Torres o Manager Ejecutivo de Swift, Daniel do Vale, e o representante de Rolling Sport, Francisco García, como distribuidor oficial da marca para Galicia e o norte de España.
#eupatino