Esta fin de semana chega a quenda da F4 de hóckey a patíns en categoría Sénior masculina.
Os equipos clasificados son: Deportivo Liceo, HC Raxoi, Dominicos e AC Ordes.
As semifinais celébranse o sábado no Pavillón de Monte Alto e o 3° e 4° posto e a final terán lugar o domingo pola tarde no Pavillón de Elviña II.
Horarios sábado 7:
10h: Deportivo Liceo – AC Ordes
12h: HC Raxoi – Dominicos
Horarios domingo 8:
17h: 3° e 4° posto
19h: Final
Todos os partidos serán retransmitidos por Partidos Hockey Gallegos.