O 6 de xuño tiveron lugar os Play Offs das Ligas Benxamín Élite e Benxamín Ouro de hóckey liña no Polideportivo A Carballeira.
O CHL Meigas proclamouse campión galego en categoría Benxamín Élite tras vencer na final ao Morcegos HL, mentres que o Lóstregos quedou campión da categoría Benxamín Ouro ao impoñerse na final ao Aquelarre Meigas.
Os resultados foron os seguintes:
LIGA BENXAMÍN ÉLITE
Semifinais:
Morcegos HL 10 – 2 Artabriños HC Green
CHL Meigas 8 – 2 CPL Brigantium
3º e 4º posto:
Artabriños HC Green 5 – 6 CPL Brigantium
Final:
Morcegos HL 2 – 5 CHL Meigas
LIGA BENXAMÍN OURO
Semifinais:
Aquelarre Meigas 9 – 1 Artabriños HC White
Lóstregos 7 – 2 ADC Alquimia Inline
3º e 4º posto:
Artabriños HC White 4 – 12 ADC Alquimia Inline
Final:
Aquelarre Meigas 1 – 6 Lóstregos















