O CPA Gondomar proclamouse subcampión mundial de Grupos Show Júnior e 4º clasificado en Cuartetos Júnior no Campionato do Mundo celebrado en Pequín, China.
En Grupos Show Júnior, con Checkmate to the Lady, acadaron a medalla de prata mundial tras conseguir un total de 33.34 puntos.
Pola súa banda, o seu Cuarteto Júnior Diversi conseguiu o 4º posto cunha puntuación de 45.07.
Desde a FGP queremos dar os parabéns ao CPA Gondomar polo seu excelente traballo e polos magníficos resultados acadados.
Fotos: Raniero Corbelletti; World Skate




