A Real Federación Española de Patinaxe inicia o Programa TEAM RFEP PROMESAS, coa colaboración da FGP, dirixido a xogadores e xogadoras de Hóckey a Patíns das categorías Alevín e Infantil, masculinas e femininas, co obxectivo de desenvolver todo o potencial dos e das novos/as deportistas.
As xornadas de tecnificación pretenden:
-
- Traballar e mellorar o nivel técnico e táctico dos/das xogadores/as.
-
- Acompañar e formar os/ás adestradores/as de categorías formativas.
- Transmitir valores de esforzo, respecto, igualdade, traballo en equipo e constancia.
Data prevista na nosa comunidade:
Domingo, 9 de novembro en A Coruña.
Cada sesión de adestramento terá unha duración de dúas horas.
A inscrición ten un custo de 25 € por deportista e sesión.
PREINSCRICIÓN:
As familias interesadas deberán cubrir o formulario de preinscrición antes do luns 27 de outubro na seguinte ligazón:
Para xogadores e xogadoras:
Para adestradores e adestradoras:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf6CnC4zNY5c3If6BHmhYLQw3B54HYsOug_BMjbD9xQkyGhBg/viewform
INSCRICIÓN DEFINITIVA:
Tras o peche de preinscricións, a RFEP enviará ás familias o formulario final para confirmar a súa praza.
Correo electrónico de contacto para calquera dúbida: tecnificacionesrfep@gmail.com
