Martina Alonso, do CPA Maxia, obtivo a medalla de bronce esta tarde no LXXIV Campionato de España Libre, na categoría infantil feminina, cun total de 96.79 puntos.
O campionato celebrouse en Sant Vicenç de Montalt do 9 ao 11 de outubro, e contou cunha destacada participación galega. Os patinadores e patinadoras da nosa comunidade acadaron un total de tres medallas: un ouro, da man de Gael Fernández (categoría alevín), e dous bronces, de Eizan Calo (categoría alevín), e de Martina Alonso (categoría infantil).
Desde a FGP queremos felicitar a todos os patinadores e patinadoras polo seu gran traballo e resultados.