A Dirección Técnica da FGP convoca catro adestramentos de control masculinos de hóckey a patíns o 2, 3, 4 e 5 de xuño.
O luns 2, o control terá lugar no Pavillón de Elviña II de 21:00 a 23:00h, o martes 3 no Pazo dos Deportes de A Coruña de 19:00 a 21:00h, o mércores 4 no Colexio Compañía de María de 20:15 a 22:00h e, finalmente, o xoves 5 celebrarase no Pazo dos Deportes de A Coruña de 19:00 a 21:00h.
Os xogadores convocados son os seguintes:
Juan Vecino Montoya, do Deportivo Liceo
Guillermo García Vázquez, do Compañía De María
Jaime Iglesias Carracedo, do Compañía De María
Pedro García Corrales, do Compañía De María
Xoel Dang Vázquez Fernández, do Compañía De María
Braulio García Sotelo, do Compañía De María
Brais Fernández Carricajo, do CAA Dominicos
Ignacio García Barros, do CAA Dominicos
Héctor Fraga Montero, do CAA Dominicos
Nicolás Payero Amalric, do C.H. Oleiros
Mateo Bologna Moro, do C.H. Oleiros