PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE

May 07

Primeira Expedición da Selección Galega Sub16 de Skateboarding ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas.

Este sábado 10 de maio será a primeira competición da Selección Galega de skateboarding na categoría sub16, tanto masculina como feminina, no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, organizado pola Federación Vasca de patinaxe.
 
Este esperado evento deportivo congregará a oito seleccións autonómicas do territorio nacional, marcando un fito significativo para o skateboarding no ámbito federativo español.
 

 
A conformación desta selección é o resultado do Programa de Tecnificación implantado por esta federación dende a tempada 2023/2024. Dito programa permitiu a identificación, seguimento e formación de talentos do skateboarding galego, que representarán á nosa comunidade autónoma nesta competición de ámbito nacional.
 

 
Desde a Federación Galega de Patinaxe queremos darlles os parabéns a todos os deportistas seleccionados, técnicos e colaboradores que fixeron posible este logro e queremos desexarlles moita sorte  no Campionato.
 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL