PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Logo de la Xunta de Galicia

Feb 18

Subvencións a entidades deportivas PR945C

Dende onte mércores 17 de febreiro publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións a entidades deportivas para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de prevención e seguridade como consecuencia da COVID-19.

As solicitudes poderanse presentar dende hoxe xoves 18 de febreiro até o mércores 17 de marzo.

Todas as entidades solicitantes poden optar ás dúas liñas de axuda (teñen que indicalo na propia solicitude no recadro correspondente).

Os méritos deportivos que se avaliarán para a LIÑA I (actividade), serán os da tempada 2019 ou 2018/19 (a anterior á da pandemia) para evitar a falta de méritos deportivos que se puidese dar pola paralización das ditas competicións no ano 2020.

Non obstante, os gastos que poderán xustificar os beneficiarios corresponderán ao ano 2020.

Recórdese tamén que para esta LIÑA I haberá que  presentar os anexos III, IV, V, VI e VII (o anexo VI de “coñece o meu club” pode ser o do ano 2020 ou o xa presentado en 2019 (neste último caso non faría falta presentalo de novo, pero hai que indicar na solicitude que xa se presentou na convocatoria anterior).

Para valorar as solicitudes da LIÑA II (COVID-19), haberá que presentar o anexo VIII, no que a federación correspondente certificará o número de deportistas segundo as características que  se detallan no encabezado do propio anexo.

Para esta LIÑA II os gastos a xustificar corresponderán ao período entre o 12.06.2020 e o 30.06.2021 (e polos conceptos recollidos no artigo 14 das bases).

Información dispoñible en:  https://deporte.xunta.gal/

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL