O pasado sábado 8 de xuño celebrouse o Campionato Provincial de Patinaxe Artística na Coruña e Pontevedra, que contou cunha participación de 65 patinadores nas categorías Benxamín, Alevín e Infantil. O C. P. Conxuro A Laracha organizou no pavillón de Caión o correspondente á provincia da Coruña coa presenza con 38 participantes e sendo na de Pontevedra no pavillón municipal Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño coa organización do C. P. A. Condado e con 27 patinadores. Os resultados poden ser consultados nos seguintes arquivos ou na páxina web da modalidade de Artístico da Federación Galega de Patinaxe.
A Coruña: 4850693-clasificacion-file
Pontevedra: 4850690-clasificacion-file
[Fotos: C. P. A. Maxia e C. P. A. Valladares]
#eupatino