PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
PA-2019-11-09-IIFaseNiveles-1-3 @Oroso1

Nov 12

Resultados da II Fase de Niveis Libre (1 ao 3) de Patinaxe Artística

Tres sedes acolleron o pasado sábado 9 de novembro a II Fase de Niveis Libre de Patinaxe Artística, que contaron coa participación de 428 patinadores e patinadoras. Os clubes adscritos á zona de A Coruña Norte fixérono no pavillón municipal de Malpica de Bergantiños coa organización do C. P. Velúa mentres que os de A Coruña Sur acudiron ao polideportivo Sirves, en Artes-Ribeira, organizada polo C. P. Ribeira. Na primeira participaron 104 deportistas e na segunda delas 159, sendo a moitos os que conseguiron a calificación de “apto” para acceder ao seguinte nivel. Os clubes de Pontevedra e Ourense competiron no pavillón A Marisma de Redondela (Pontevedra), nunha competición que desta volta levou a cabo o C. P. A. Bolboreta con 165 participantes.

Os resultados completos xa están dispoñibles na páxina web de competicións de Patinaxe Artística http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/

[Fotos: C. P. Conxuro, C. P. A. Brión, C. P. Oroso e C. P. A. Condado]

#eupatino

PA-2019-11-09-IIFaseNiveles-1-3 @Brion1 PA-2019-11-09-IIFaseNiveles-1-3 @Conxuro1 PA-2019-11-09-IIFaseNiveles-1-3 @Salvaterra1

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL