PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
PA-2019-06-15-Xogade-GruposShow @Oroso

Jun 16

Rematou o programa Xogade de Deporte Escolar en Patinaxe Artística

Dúas novas competicións do programa Xogade, actividade lúdico-deportiva de xogos galegos en idade escolar promocionada e financiada pola Xunta de Galicia, leváronse a cabo a pasada fin de semana e que complementan así a xa celebrada o 1 de maio en Bóveda (Lugo), organizada polo Club Campelas, e que na modalidade de Patinaxe Artística se decanta pola disciplina de Grupos Show na que estiveron presentes casi medio centenar de grupos de Primaria e Secundaria.

Combinando o programa deportivo e competitivo (escolar e federado), o sábado 15 de xuño celebrouse organizada polo Club Patinaxe A Pobra a correspondente á provincia da Coruña no polideportivo municipal da Pobra do Caraminal mentres que o domingo 16 foi a quenda de Pontevedra coa organización do Club Escolas Deportivas de Mos no municipio do sur da provincia.

[Fotos: A. D. Liceo, C. D. Fervello, C. P. Oroso e C. P. A. Ríbex]

#eupatino

PA-2019-06-15-Xogade-GruposShow @ADLiceo PA-2019-06-15-Xogade-GruposShow @Fervello PA-2019-06-15-Xogade-GruposShow @Ribex3

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL