PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
EXAMEN JUECES INICIACION-2

Feb 07

O pasado sábado tivo lugar o exame a xuíz de iniciación da modalidade libre de patinaxe artístico.

O sábado 4 de febreiro celebrouse o exame de acceso ao estamento de xuíces de iniciación de patinaxe artístico para a modalidade libre en Galicia. Tivo lugar en Santiago de Compostela, no Hotel Puerta del Camino e acudiron 48 candidatos.

 

Estas probas foron o punto e final ao curso de xuíz de iniciación realizado o 14 de xaneiro. Este curso, organizado pola Federación Galega de Patinaxe, tivo unha duración de 9 horas e asistiron 50 alumnos. Consistíu na aprendizaxe da metodoloxía das competicións de niveis e, ademáis, os asistentes fixeron unha práctica con distintos integrativos e programas de iniciación da modalidade libre. Foi impartido de manera online polo xuíz internacional Mario Calzas e a xuíz nacional Lucía Vázquez.

 

Finalizados os exames, a F.G.P. conta con 24 novos xuíces de iniciación que podderán comenzar a xulgar en competicións de niveis de libre ao longo da temporada en tres fases distintas.

 

Desde a Federación Galega de Patinaxe, queremos dar a noraboa aos alumnos que superaron o exame e convidar ao resto de candidatos a seguir intentándolo en futuras ocasións.

 

EXAMEN JUECES INICIACION 1 EXAMEN JUECES INICIACION-2

 

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL