lostregos

Ene 16

O CP Lóstregos Lucus feminino de Hoquei Liña, clasificado para a fase previa de ascenso a élite

 

Gran fin de semana de competición na xornada de Liga Ouro feminina de Hoquei Liña para os nosos representantes galegos en Valladolid, CP Lóstregos Lucus e CHL Meigas Lugo, con boas actuacións para ambas escadras. No caso do Lóstregos, o seu pleno de puntos fixo que se clasificase para a disputa da fase previa de ascenso a élite.

 

O conxunto de Lóstregos logrou 9 puntos, grazas as súas victorias ante CPH Skulls Almansera (5-3), CPLF Valladolid Gatas (1-5) e Fénix PL Madrid (3-1) , mentras que Meigas empatou con con Tres Cantos PC B (0-0) e Fighters Vilareal (3-3) e sufriu unha derrota ante o CPLV Panteras UEMC (3-0).

 

Trala disputa desta xornada Lóstregos sitúase quinto con 17 puntos, 13 teñen Meigas e lidera a táboa Panteras con 27, invicto nas nove xornadas e con pleno de victorias.

 

lostregos3 lostregos483143571_595891624532037_7120421358558773248_o

Fotos: Lóstregos

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL