PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
2019-06-18-PA-Provincial-Xogade

Jun 12

Nova quenda do programa Xogade de Patinaxe Artística esta fin de semana

O programa Xogade da Xunta de Galicia celebrou xa o pasado 1 de maio a súa competición de Patinaxe Artística na provincia de Lugo, concretamente no polideportivo municipal do concello de Bóveda organizada polo Club Campelas, pero será esta fin de semana cando se disputen as quendas correspondentes a Coruña e Pontevedra na modalidade de Grupos Show.

O sábado 15 coa organización do Club Patinaxe A Pobra farase a da Coruña no polideportivo municipal na Pobra do Caramiñal e na que durante toda a xornada competirán 48 grupos de Primaria e Secundaria. En Mos, organizado polo Club Escolas Deportivas de Mos, levarase a cabo a de Pontevedra con 10 grupos participando na mesma ao longo do domingo 16.

Os horarios e as ordes de saída poden ser consultados na páxina web de competicións da modalidade Patinaxe Artística.

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL