premios

Dic 22

Moi boa actuación dos combinados galegos no Torneo de Natal de Aveiro

Os combinados galegos, sub 15 en categoría masculina e sub 17 en feminina, firmaron unha moi boa actuación no Torneo de Natal de Aveiro, que se disputou este fin de semana (21 e 22 de decembro) e no que a borrasca Fabien foi tamén protagonista.

 

O combinado masculino impúxose o AP Minho (4-7) o sábado, no encontro disputado ás 14 horas. Por mor do mal tempo, as xornadas do serán foron suspendidas por problemas técnicos (ás 18.30 horas o equipo feminino xogaba ante o AP Porto e o masculino ás 21.45 tiña que batirse perante o AP Aveiro).

 

Mentras, o domingo o equipo feminino impuxose nos seus dous encontros, ante o AP Porto (2-0) e o AP Aveiro (1-10), convertíndose en campión da competición, e o masculino perdeu de xeito axustado ante o AP Porto (4-6)

 

entrega2 entrega1feminino2 masculino2 masculinohoqueifeminino

 

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL