PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
HL-2019-11-17-Sede1-Alevin4

Nov 18

Meigas, Lóstregos e Morcegos gañan os dous encontros na Primeira Sede da Liga Galega Alevín de Hóckey Liña

A Liga Galega de Hóckey Liña na categoría Alevín comezou este domingo 17 de novembro en Lugo coas dúas primeiras xornadas da competición, que en formato de sede terá catro máis ao longo da temporada 2019-2020 e maiores outras dúas xornadas nas propias pistas de cada uno dos seis equipos que participan na fase regular, para completar así as 10 previstas.

Son tres os conxuntos que saldaron os seus compromisos con vitoria, os dous locais de C. P. Lóstregos, que organizaba esta sede no Pavillón Daniel Cordido Castro, e o C. H. L. Meigas ademais do Morcegos de Ourense, polo que lideran provisionalmente a clasificación aínda que Meigas ten mellor diferenza de goles con respecto aos outros dous, xa que nos seus encontros mantivo a portaría a cero.

Para a seguinte sede da competición haberá que agardar ao próximo ano, xa que se celebrará o 12 de xaneiro coa disputa das xornadas 3 e 4.

Resultados e clasificación

[Fotos: A. D. C. Alquimia Inline]

#eupatino

HL-2019-11-17-Sede1-Alevin1 HL-2019-11-17-Sede1-Alevin2 HL-2019-11-17-Sede1-Alevin3

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL