PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
HL-2019-10-27-Masculina-Sede1 @Alquimia4

Oct 28

Lóstregos Máster e Lóstregos lideran a Liga Galega Masculina de Hóckey Liña tras a Primeira Sede

Os dous equipos de Lugo, anfitrións na Primeira Sede da Liga Galega Masculina de Hóckey Liña, son os primeiros líderes tras gañar os partidos disputados este domingo 27 de outubro no pavillón Daniel Cordido Castro da cidade da Muralla. Cun encontro menos, Morcegos H. L. tamén gañou os dous que xogou nas dúas xornadas celebradas, pois os conxuntos lugueses adiaron cadanseu partido das xornadas 5 e 6, polo que contan con tres vitorias polas dúas dos ourensáns.

A Guarda H. L. e Brigantium Beta ocupan os seguintes postos na clasificación provisional, cun partido gañado e outro perdido mentres Brigantium, A. D. C. Alquimia Inline e Galicia Rollers aínda non sumaron ningún punto. A seguinte sede celebrarase o 15 de decembro.

Resultados e clasificación

[Fotos: A. D. C.. Alquimia Inline]

#eupatino

HL-2019-10-27-Masculina-Sede1 @Alquimia1 HL-2019-10-27-Masculina-Sede1 @Alquimia2 HL-2019-10-27-Masculina-Sede1 @Alquimia3

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL