PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
2018-12-15-RD-Torneo-Mixto-Cidade-Vigo-Todos

Dic 18

Lobishomes Men’s Roller Derby domina o I Torneo Mixto Federativo Cidade de Vigo de Roller Derby

O pasado sábado 15 de decembro disputábase no pavillón de Candeán de Vigo (Pontevedra) a primeira edición do Torneo Mixto Cidade de Vigo de Roller Derby organizado polo equipo anfitrión, o Lobishomes Men’ s Roller Derby, que se impoñía claramente aos outros conxuntos que formaban parte deste triangular nunha xornada que comezaba co enfrontamento entre Jabatas Roller Derby Ourense e o denominado Equipo Nacional Mixto, con triunfo para estes a pesar de ser a primeira vez que se reunían para disputar un partido, o que sempre xera os lóxicos desaxustes.

Xa pola tarde era a quenda de Lobishomes Men’ s Roller Derby, que se impoñían consecutivamente ao Equipo Nacional Mixto e a Jabatas Roller Derby Ourense, en ambos os casos con elevados tanteos, pero cumprindo o obxectivo de pasar unha agradable e divertida xornada de Roller Derby, unha modalidade que cada vez suma máis adeptos grazas a iniciativas como esta.

Resultados

Jabatas Roller Derby Ourense 93 – 202 Equipo Nacional Mixto

Lobishomes Men’s Roller Derby 325 – 91 Equipo Nacional Mixto

Lobishomes Men’s Roller Derby 333 – 63 Jabatas Roller Derby Ourense

#eupatino

2018-12-15-RD-Torneo-Mixto-Cidade-Vigo1 RD-2018-12-15-RD-Torneo-Mixto-Cidade-Vigo11 RD-2018-12-15-RD-Torneo-Mixto-Cidade-Vigo12 RD-2018-12-15-RD-Torneo-Mixto-Cidade-Vigo13


Lobishomes Men’s Roller Derby domina el I Torneo Mixto Federativo Cidade de Vigo de Roller Derby

El pasado sábado 15 de diciembre se disputaba en el pabellón de Candeán de Vigo (Pontevedra) la primera edición del Torneo Mixto Cidade de Vigo de Roller Derby organizado por el equipo anfitrión, el Lobishomes Men’s Roller Derby, que se imponía claramente a los otros conjuntos que formaban parte de este triangular en una jornada que comenzaba con el enfrentamiento entre Jabatas Roller Derby Ourense y el denominado Equipo Nacional Mixto, con triunfo para estos a pesar de ser la primera vez que se reunían para disputar un partido, lo que siempre genera los lógicos desajustes.

Ya por la tarde era el turno de Lobishomes Men’s Roller Derby, que se imponían consecutivamente al Equipo Nacional Mixto y a Jabatas Roller Derby Ourense, en ambos casos con elevados tanteos, pero cumpliendo el objetivo de pasar una agradable y divertida jornada de Roller Derby, una modalidad que cada vez suma más adeptos gracias a iniciativas como esta.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL