PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
letelasa

Nov 20

Lete Lasa destaca o gran nivel do patinaxe galego na recepción de Marina Olivares, bronce mundial en salto de altura nos World Roller Games de Barcelona

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo un encontro de traballo coa patinadora viguesa Marina Olivares Argibay que a pesares da súa mocidade xa ten conquistados importantes éxitos internacionais como a medalla de bronce en salto de altura acadada nos Campionatos do Mundo World Roller Games in line freestyle celebrados en Barcelona no mes de xullo. Ademais, o mandatario galego gabou a figura da deportista olívica que tamén conta no seu palmarés con medallas de ouro en campionatos de Europa Freestyle (Barcelona) e en campionatos do Mundo en Arnhem (Holanda), ambos os dous colleitados en 2018.

O secretario xeral para o Deporte destacou a participación galega nestes World Roller Games nos que os representantes galegos acadaron medalla en cinco competicións destacando María Sanjurjo, campioa en Hóckey Patíns; Eduard Lamas e Ignacio Alabart, bronce en Hóckey Patíns; o CPA Gondomar, prata en patinaxe artística e Catuxa Castro, campioa Júnior en Hóckey Liña.

Con todo, o responsable da carteira de Deportes sinalou que a Xunta de Galicia seguirá apoiando aos deportistas e a Federación de Patinaxe de Galicia, unha federación que “nos axuda na conquista dun deporte máis igualitario ao ser a cuarta con maior porcentaxe de licenzas femininas (67%)”.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL