Dia7_MG_7005

Jul 20

Eurohockey: resumen día 7

Palacio dos Deportes de Riazor – A Coruña | 20 de xullo de 2018

E ao sétimo día chegaron os sempre emocionantes cuartos de final do 53 Campionato de Europa Masculino de Hóckey Patíns que terminará o domingo no Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña. Pero antes, o partido que abría a xornada era Austria-Bélgica, cos belgas indo a máis claramente, polo menos contra as seleccións do seu mesmo nivel de xogo, pois o encontro finalizaba con empate a catro goles, pero ao remate do mesmo lanzábanse tres faltas directas por parte de cada equipo, xa que con Holanda as tres se disputaran os postos do 9 ao 11, co fin de evitar así os posibles empates na liga que xogarán entre elas e que neste caso terminaba con 2-1 favorable a Austria.

Nove segundos tardaba Francia en marcar o seu primeiro gol ante Alemaña no segundo encontro da mañá e primeiro dos cruces de cuartos de final. Ao descanso, aínda que Francia parecía ter controlado o xogo, 1-2 ao seu favor. Os alemáns dirixidos polo español Jordi Molet empataban, pero os franceses cos Di Benedetto á fronte e sen acusar o cansazo do duro partido do día anterior pola noite, terminaban liquidando ao seu favor cun cómodo 2-5. Recordemos que Francia acudiu ao campionato con só oito xogadores, polo únicamente conta con dúas rotaciones entre os de pista.

Si Francia marcaba aos 9 segundos de iniciar o partido, Italia facíao aos 8 e aos 54. Parecía que con dous tantos nun minuto o partido estaba controlado, pero Andorra non se deu nunca por vencida e ao descanso o resultado era 1-3. Con certa incerteza iniciábase o segundo tempo e aí si, os de Massimo Mariotti estiveron máis acertados e con tres goles máis deixaron resolto no encontro co 2-6 final sendo así o segundo equipo en acceder a semifinais.

O terceiro partido dos cuartos de final contaba coa presenza no palco de autoridades de Alejandro Blanco, presidente do Comité Olímpico Español, quen xunto a Carmelo Paniagua, presidente da R. F. E. P., e de Vicente Torres, presidente da F. G. P., viu a cómoda vitoria de España ante Suiza. Os de Alejandro Domínguez non deixaban lugar á sorpresa e pronto se situaban con tres de vantaxe (Ferran Font, Eduard Lamas e Pau Bargalló), aínda que os helvéticos adestrados polo asturiano Alejandro Rodríguez marcaban o primeiro, pero dous máis de Raúl Marín e un de Jordi Adroher situaban un claro 1-6 ao descanso, polo que o segundo periodo era de trámite malia un gol máis dos suizos, chegando a posteriori outros catro de España obra de Albert Casanovas, Ferran Font dúas veces e Raúl Marín que deixaban o definitivo 2-10 e daban o pase ás semifinais a España para enfrontarse a Francia na primeira delas.

Como se prevía, cómodo partido de Portugal ante Inglaterra no encontro que pechaba os cuartos de final. E iso malia que tralo primeiro tanto dos de Luís Sénica, os ingleses empataban. Só era un espellismo, pois os lusos íanse ao descanso 1-5, cun segundo periodo moi plácido que deixaba un resultado final de 2-14 e unha semifinal que se atisba apaixonante ante Italia.

Os horarios e partidos de mañá sábado, penúltimo día da competición, son os seguintes:

10:00 | Bélxica – Holanda

12:30 | Inglaterra – Andorra

17:30 | Suiza – Alemaña

20:00 | España – Francia

22:00 | Portugal – Italia

Galería de imaxes día 7

www.eurohockey2018.gal

info@eurohockey2018.gal

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL