Coa confirmación das datas de celebración do 53 Campionato de Europa Masculino de Hóckey sobre Patíns, que se disputará na cidade da Coruña do 14 ao 22 de xullo, estreamos a páxina oficial de Facebook na que vos iremos informando de todo o que suceda a partir de agora e durante o desenvolvemento do mesmo. Será a primeira vez que a cidade galega acolla un certame continental, pois xa foi sede do Campionato do Mundo nos anos 1972 e 1988. Nesta edición, que terá a España como anfitrioa, participarán dez selecciones nacionais máis, polo que esta é a cifra máis alta de equipos nun Europeo desta categoría desde 1994 en Funchal (Portugal).
Datas: 14-22 de xullo de 2018.
Seleccións participantes: Alemaña, Andorra, Austria, Bélxica, España, Francia, Holanda, Inglaterra, Italia, Portugal e Suíza.
Lugar de celebración: Pazo dos Deportes de Riazor – A Coruña (España).
#eurohockey2018 #OKEuroM #OKCoruna #OKEuro2018 #ACoruña #eupatino