20180701_ESP_web

Jul 04

España celebrará por novena vez na súa historia un Campionato de Europa Masculino de Hóckey Patíns

O Campionato de Europa Masculino de Hóckey Patíns celebrarase por primeira vez na comunidade autónoma de Galicia nas súas 53 edicións de historia, aínda que España xa acolleu o mesmo en oito ocasións anteriores localizadas en Barcelona (1951, 1954, 1957 e 1979), Bilbao (1967), Oviedo (1987 e 2008) e Alcobendas (2014).

Portugal é o país do continente europeo onde máis veces se disputou o evento con 13 e ao que lle seguen Italia e Suíza con 9, cifra que igualará España co que levará a cabo no Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña do 14 ao 22 xullo. Ademais, é o de maior representación nos últimos anos, pois desde a edición de 1994 na illa lusa de Madeira, nunca se reuniron once selecciones nacionais para participar no mesmo. Xunto aos catro países citados, outros catro foron sede dun Europeo xa que Gran Bretaña (6 veces), Alemaña (5) e Bélxica e Francia cunha cada un, tamén albergaron a cita continental.

Portugal encabeza o palmarés absoluto, tanto en número de podios, con 43, como de títulos conseguidos con 21 ouros aos que hai que engadir 12 pratas e 10 bronces. Séguenlle España con 38 podios repartidos en 16 ouros, 16 pratas e 6 bronces e Italia con 36 medallas desagregadas en tres ouros, trece pratas e vinte bronces. Xa moito máis lonxe se atopan o resto de seleccións, con Inglaterra sumando trece podios e doce títulos, todos eles conseguidos nas primeiras edicións do campionato e de forma consecutiva aos que hai que engadir unha prata. Alemaña e Suíza con 2 pratas e 4 bronces cada unha, Holanda (4 medallas de bronce) e Bélxica (unha de prata e outra de bronce), completan o palmarés do Campionato de Europa e a cuxa próxima edición na Coruña acudirán todas xunto a Austria e Andorra dispostas a loitar polo título de campión que se coñecerá o domingo 22 de xullo ao fío das nove da noite. Non cabe dúbida de que esta é unha magnífica oportunidade para gozar do mellor hóckey sobre patíns do momento nunha cidade espectacular como A Coruña, que vive este deporte a cada hora do día e que ademais se verá tamén beneficiado polos prezos sumamente alcanzables dos abonos para os 40 partidos que se disputarán durante nove días.

[Fotos: Luis Velasco Hevia]

#eurohockey2018 #OKEuroM #OKCoruna #OKEuro2018 #ACoruña #eupatino

20180701_POR_web

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL