Logo de la Xunta de Galicia

Nov 05

Disposicións sobre a actividade deportiva recollidas no DOGA

Adxuntamos as disposicións sobre a actividade deportiva da orden do 4 de novembro de 2020 e Decreto 179/2020 do 4 de novembro de 2020, relacionados coas medidas tomadas no territorio da Comunidad Autónoma de Galicia para facer fronte a crisis sanitaria.

 

3.13. Actividades e instalacións deportivas.

 

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico. No caso da práctica de forma colectiva, o máximo será de seis persoas de forma simultánea, sen contar, de ser o caso, o monitor.

 

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes, e sen contar o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida, e deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

 

3.14. Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público.

 

A celebración de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública poderá desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de sesenta persoas para lugares pechados e de cento cincuenta persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado ata un máximo de cen persoas para lugares pechados e trescentas persoas se se trata de actividades ao aire libre, logo de autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio.

 

Neste caso, a solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir acompañada dun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade polo COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

 

 

3.15. Praias e piscinas.

2. As piscinas ao aire libre ou cubertas, para uso deportivo ou recreativo, deberán respectar o límite do cincuenta por cento da súa capacidade, tanto no relativo ao acceso como durante a propia práctica deportiva ou recreativa e sen que poidan exceder o límite de cen persoas de ocupación. Quedan exentas destas limitacións as piscinas unifamiliares de uso privado.

 

3.21. Parques e zonas deportivas de uso público ao aire libre.

Sen prexuízo do establecido no número 3.19.2, os parques infantís, parques biosau- dables, zonas deportivas, pistas skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de super- cie do recinto.

 

5. Actividades e instalacións deportivas.

A práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, todas as persoas do grupo sexan conviventes, sen contar, se é o caso, o monitor.

Nas instalacións e centros deportivos poderase realizar actividade deportiva de forma individual, sen contar, se é o caso, o monitor, sen contacto físico, e sempre que non se supere o cincuenta por cento da capacidade máxima permitida. Deberanse establecer as medidas necesarias para procurar a distancia de seguridade interpersoal durante o desenvolvemento da actividade.

 

6. Celebración de eventos deportivos, de adestramentos e de competicións deportivas con público.

A celebración de eventos deportivos, adestramentos, competicións deportivas que se celebren en instalacións deportivas ou na vía pública poderán desenvolverse con público sempre que este permaneza sentado, que non se supere o cincuenta por cento da capacidade permitida da instalación ou do espazo de que se trate e cun límite de trinta persoas para lugares pechados e de setenta e cinco persoas se se trata de actividades ao aire libre.

 

ANEXO III

Peche temporal de actividades non esenciais nos concellos a que se re re o número catro do punto segundo da presente orde

1. Nos concellos a que se re re o número catro do punto segundo da presente orde adóptase a medida de peche temporal, durante o período a que se estenda a e cacia da medida conforme o punto cuarto da orde, das seguintes actividades (conforme as de ni- cións contidas no anexo do Decreto 124/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Catálogo de espectáculos públicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao público da Comunidade Autónoma de Galicia e se establecen determinadas disposicións xerais de aplicación na materia):

Inclúe, entre outros, 

 

III.2.2. Establecementos para actividades deportivas.

 

2. Quedan por tanto exceptuados destas limitacións as seguintes actividades e estable- cementos, que poderán continuar abertos (entre outros)

 

I.5. Espectáculos deportivos

II.2. Actividades deportivas.
III. Establecementos abertos ao público:

III.1.6. Establecementos de espectáculos deportivos

III.2.2.1. ESTADIOS DEPORTIVOS
III.2.2.2. PABILLÓNS DEPORTIVOS
III.2.2.3. RECINTOS DEPORTIVOS

DOG

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL