hockeypeque

Ene 28

Coruña Roller Derby Irmandiñas lidera a táboa trala disputa da primeira xornada da liga galega de Roller Derby

O pasado sábado tivo lugar na Coruña o primeiro encontro da liga galega feminina de Roller Derby. Neste inicio de tempada o equipo coruñés Coruña Roller Derby Irmandiñas fixo de anfitrión asumindo a organización dos dous primeiros partidos da campaña.

 

O evento asistiron, representando o Concello da Coruña, o concelleiro de deportes, Juan Ignacio Borrego Vázquez, e por parte da Federación Galega de Patinaxe o seu vicepresidente, Julio Parga Lorenzo, que apoiaron o deporte feminino galego coa súa presenza nas gradas. Este comezo de tempada estivo retransmitido en directo grazas o apoio da radio local CUAC FM que asistiu para contar os seus oíntes todo o que acontencía no Polideportivo de Elviña II, onde se disputaron ambos partidos.

 

Ás 17 horas arrincou o encontro disputado entre os equipos Bringantias da Coruña y Sereas Bravas de Vigo, no que estas últimas impuxéronse sobradamente deixando o marcador a 60-106 cando o arbitro pitou o final do partido.

 

Xusto despois, ás 19 horas, comezou o segundo encontro entre o equipo Coruñés Roller Derby Irmandiñas e as Jabatas de Ourense. Foi un partido moi intenso onde o equipo local alcanzou a victoria cun resultado final de 144-128.

 

Trala primeira xornada o equipo anfitrión, Coruña Roller Derby Irmandiñas, alcanzou o liderato da liga galega de Roller Derby, seguida polo equipo vigués Sereas Bravas.

 

A segunda xornada da liga galega de Roller Derby tamén terá lugar na cidade herculina, o  vindeiro 15 de febreiro no pavillón de Monte Alto a partir das 15 horas.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL