PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Cartel do Trofeo O Porriño SFV Roller Cross

Feb 08

Convocatoria da competición Patinaxe Freestyle que se celebrará o domingo 12 de febreiro en O Porriño.

O vindeiro domingo, 12 de febreiro, celébranse as primeiras Probas de Nivel Freestyle do ano e o Trofeo O Porriño FSV Roller Cross, que será en formato Open, ainda que aos federados poderá puntuarlles para o Ranking Autonómico, xa que corresponde coa I Etapa do Circuito Galego de Roller Cross.
Terán lugar no Pabellón do Colegio Xose Fernández López, en O Porriño, Pontevedra.
A xornada está organizada polo club FSV en conxunto coa Federación Galega de Patinaxe e estará dividida en duas partes coa seguinte previsión:
– Pola mañá, as Probas de Nivel (xornada de portas abertas) de 10:00 a 13:30: Se concretarán os horarios ao saber as probas específicas de Roller Freestyle que se poderá incluir para esta xornada.
– Pola tarde, o Trofeo O Porriño FSV Roller Cross, que dará comezo ás 16:00 e se estima que rematará ás 19:30. Os datos desta convocatoria especifícanse no seguinte documento: Convocatoria_Trofeo_OPorriño_FSV_RollerCross_2023.
Para as Probas de Nivel, será necesario avisar ao correo comitefreestyle@fgpatinaxe.gal a interese na participación, enviando o nome completo e ano de nacemento, todos aqueles federados que queran participar nas Probas.
Para participar no Trofeo, deberán inscribirse a través da propia Intranet da FGP.
O prazo de inscrición estará aberto ata as 14:00 horas do venres 10 de febreiro de 2023.
Cartel do Trofeo O Porriño SFV Roller Cross

Cartel do Trofeo O Porriño SFV Roller Cross

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL