ufedega

Sep 12

Comunicado da UFEDEGA sobre a problemática de federacións e clubes ante a crise do covid19 e as súas moitas incertezas

 

A Federación Galega de Patinaxe asina, xunto ó resto de federacións que forman parte da Unión de Federación Deportivas Galegas o seguinte comunidado:

 

 

O deporte galego está a pasar por un dos momentos máis difíciles da súa historia. A incidencia da
COVID-19 na nosa sociedade provocou un escenario económico incerto e repleto de novos retos
para todas as entidades e organismos que pelexan no día a día para promocionar algo tan esencial
e saudable nas nosas vidas como é a práctica deportiva.
Despois dunha das épocas máis complicadas para o noso país, dun confinamento cheo de temores,
cando parecía que xa pasaramos o peor e que por fin os nosos deportistas poderían competir nas
diferentes disciplinas deportivas, ATOPÁMONOS CUNHA PARALIZACIÓN DA PRÁCTICA
DEPORTIVA DE CONTACTO E DE COMBATE AFECCIONADO QUE XA VAI MÁIS ALÓ DOS
SEIS MESES E QUE É DIFÍCIL DE SOPORTAR PARA AS FEDERACIÓNS E OS NOSOS CLUBS
QUE SE ATOPAN NUNHA GRAVE SITUACIÓN DE VIABILIDADE. Unha realidade difícil de
entender para o deporte xa que non hai ningunha outra prohibición de tal calibre en ningún sector
da sociedade.
As federacións e clubs galegos, amosaron a súa empatía e implicación coa sociedade e coas
administracións nun momento no que, en tempo récord, houbo que reinventarse e chegar aos
domicilios dunha poboación que precisaba do entretemento e dos beneficios da actividade física
deportiva, non dubidamos en sumarnos ás labores de voluntariado, en doar e prestar material ou
en dar apoio en calquera das formas que estivese nas nosas mans. O deporte galego tratou de
estar á altura dunhas circunstancias que requirían unión, iniciativa e solidariedade.
Dende a Unión de Federacións Deportivas Galegas, manifestamos:
• A necesidade de salvar e pelexar polo presente e futuro do deporte federado de Galicia.
Pedimos axuda, empatía e solucións para un sector que supón a 2,63% do PIB Galego, do
que dependen 272.000 DEPORTISTAS, máis de 15.000 FAMILIAS e que proporciona
ingresos recorrentes a máis de 2.300 empresas.
As federacións deportivas galegas, e as súas entidades e deportistas levan meses traballando
en exhaustivos e amplos protocolos para recuperar a súa actividade e garantir as
medidas necesarias para minimizar os riscos ante un virus que non entende de economía,
nin de política, incluso nin de ámbitos xeográficos, tan só de responsabilidade e disciplina, algo
no que o mundo do DEPORTE PODE DAR GRANDES LECCIÓNS.
Somos DEZASETE as federacións deportivas galegas de contacto e de combate que nestes
momentos seguen inmersas nun confinamento deportivo sen precedentes, dezasete
federacións que representan o 70% das licenzas deportivas galegas , que piden regresar
coa MÁXIMA SEGURIDADE sen perder a esencia das súas disciplinas, con cautela e
respecto, pero SEN MEDO.
AS FEDERACIÓNS DEPORTIVAS GALEGAS, AO IGUAL QUE AS NOSAS ENTIDADES E
DEPORTISTAS ESTAMOS MÁIS UNIDAS CA NUNCA e confíamos no traballo realizado así
como nas medidas propostas para a reactivación. NON ELUDIMOS RESPONSABILIDADES

 

 

A unión fai a forza! e por iso solicitamos que as diferentes instancias do deporte tampouco o fagan, precisamos decisións, implicación, consenso e solucións urxentes.
Entramos nun período de tempo fundamental e decisivo para a práctica deportiva de contacto
e de combate. Se nestas DÚAS PRÓXIMAS semanas non se pon fin a esta paralización nos
abocará á inactividade ata máis aló do inicio do 2021, situación que daría lugar á DESAPARICIÓN DE MOITAS ENTIDADES DEPORTIVAS GALEGAS.
Solicitamos a todas as institucións tanto privadas como públicas, nacionais, autonómicas,
provinciais e locais O APOIO E DEFENSA DO DEPORTE. Pedimos COORDINACIÓN entre
institucións, rogamos non nos SUPRIMAM AXUDAS OU SUBVENCIÓNS e instamos á
colaboración cos propietarios/as das instalacións, esas instalacións nas que meses atrás se
realizaban grandes eventos, se celebraban grandes éxitos deportivos, onde se sacaron
grandes fotos e presumíamos de ser unha potencia.

 

 

 

 

Por favor, é urxente A CONFIRMACIÓN DUN PROTOCOLO MARCO DENDE AS MÁXIMAS INSTANCIAS DEPORTIVAS para poder regresar ás que durante moito tempo foron as nosas casas. As federacións e os clubs podemos facilitar o camiño, pero todos vós tendes a chave, precisamos organización, empatía e
implicación con todas esas entidades que tantas alegrías nos daban non hai moito tempo.

 
• Realizamos un chamamento AOS RESPONSABLES POLÍTICOS E Á SOCIEDADE para que
se suban ao barco da esperanza; O DEPORTE É SAÚDE É VIDA, NON É UN PROBLEMA, o deporte galego federado pode ser PARTE DA SOLUCIÓN na concienciación social e no adoutrinamento das medidas preventivas ante a COVID-19, no fortalecemento do sistema inmune, na conciliación familiar, etc…
É o momento do diálogo, das solucións, da unidade e da responsabilidade. O DEPORTE GALEGO
FEDERADO ESTÁ PREPARADO PARA O REGRESO.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL