PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
2019-11-16-PA-Cartel-IIFaseNiveis-Pontevedra-Ourense

Nov 14

Avance II Fase de Niveis Libre (4 a 8) de Patinaxe Artística

A competicións autonómicas de Patinaxe Artística dan por concluída a presente tempada este sábado, 16 de novembro, coa celebración da segunda quenda da Fase de Niveis, neste caso para os patinadores e patinadoras dos niveis 4 a 8 nunha competición na que se citarán máis de medio milleiro nos tres emprazamentos previstos.

No Pavillón Augusto César Lendoiro de Corcubión e organizado polo C. P. A. Costa da Morte estarán os participantes de A Coruña Norte con 150 inscritos. Os clubes de A Coruña Sur acudirán ao Pavillón A Cachada de Boiro coa organización do C. P. Boiro e a presenza de 164 participantes. A derradeira sede é no Pavillón Municipal de Salceda de Caselas, sendo este o único caso no que haberá competición o domingo 17 debido ao elevado número de inscricións recibidas dos clubes das provincias de Pontevedra e Ourense cun total de 208. A proba será organizada polas Escolas Deportivas Municipais de Salceda de Caselas e poderán ser vistas en directo nas seguintes ligazóns:

Sábado: https://youtu.be/hA6LgdaIxj0

Domingo: https://youtu.be/eF-PVkGJeMU

Os horarios detallados e as ordes de saída poden ser consultados en http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/

#eupatino

2019-11-16-PA-Cartel-IIFaseNiveis-ACoruñaNorte 2019-11-16-PA-Cartel-IIFaseNiveis-ACoruñaSur

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL