PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
2019-11-9-PA-Cartel-IIFaseNiveis-ACoruñaNorte

Nov 07

Avance II Fase de Niveis Libre (1 ao 3) de Patinaxe Artística

A primeira quenda da II Fase de Niveis Libre de Patinaxe Artística celebrarase este sábado 9 de novembro, sendo convocados na mesma os patinadores e patinadoras dos niveis 1 ao 3 e que se desenvolverá en tres emprazamentos diferentes con 433 inscritos. Na seguinte quenda, a disputar a fin do semana do 16 e 17 de novembro, serán os deportistas dos niveis 4 ao 8 os que compitan.

O C. P. A. Bolboreta de Redondela organiza no pavillón A Marisma da citada localidade da provincia de Pontevedra á correspondente aos clubes da mesma e de Ourense en horario de 9:30 a 20:45 coa presenza de 180 patinadores e patinadoras. No caso da Coruña, os clubes da zona norte disputarán a súa competición no pavillón de Malpica de Bergantiños organizada polo Club Patín Velúa de 10:30 horas a 18:30 e na que haberá 104 inscritos. Os da zona sur da Coruña competirán no polideportivo Sirves ubicado no centro recreativo de Artes en Ribeira, coa organización do C. P. Ribeira (10 a 20:20 horas) e con 149 participantes.

As ordes de saída e os horarios por categorías poden ser consultados en http://www.artistico.fgpatinaxe.gal/

#eupatino

2019-11-9.10-PA-Cartel-IIFaseNiveis-Pontevedra  2019-11-9-PA-Cartel-IIFaseNiveis-ACoruñaSur

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL