PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Cartel-LigaGalegaAlevin-HL-Sede4-2019-04-14

Abr 10

Avance Cuarta Sede da Liga Galega Alevín de Hóckey Liña

A Liga Galega Alevín visita o pavillón da Carballeira en Ourense para disputar a Cuarta Sede da competición de Hóckey Liña, que está chegando ao seu fin porque alí se xogarán as xornadas 8 e 9 das dez previstas con todos os partidos o domingo 14 de abril. Meiguiñas e Lóstregos lideran a clasificación provisional e, de non mediar ningún erro por parte dos dous, todo semella que a primeira praza da fase regular se decidirá no derradeiro encontro da mesma entre ambos, que está previsto para o 28 de abril.

O anfitrión desta sede, Morcegos H. L., está facendo unha excelente tempada sendo o terceiro clasificado, tendo ademais o domingo un partido que podería mudar a clasificación, pois tocaralle enfrontarse a Lóstregos no derradeiro encontro da mañá, a partir das 13:45 horas, e que semella ser un dos máis interesantes dos seis que se disputarán.

Ademais e aproveitando a organización da sede, haberá outros partidos o sábado 13 das categorías Benxamín e Sénior Masculina, sempre con Morcegos como protagonista e que pecharán a xornada do domingo cun máis, tamén da Liga Galega Sénior Masculina.

Horarios, resultados e clasificación

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL