PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
2019-06-08-PA-Cartel-Provincial-ACorunha

Jun 06

Avance Campionato Provincial Libre de Patinaxe Artística

O Campionato Provincial de Patinaxe Artística celebrarase este sábado 8 de xuño nas provincias da Coruña e Pontevedra, do que sairán os campións das categorías Benxamín, Alevín e Infantil na modalidade libre e que contará cunha participación de 67 patinadoras e patinadores.

No pavillón de Caión e organizado polo C. P. Conxuro A Laracha disputarase o correspondente aos clubes da Coruña con 39 participantes. A competición iniciarase cos adestramentos ás 10:00 horas para continuar durante o resto da xornada do sábado. En Pontevedra será o C. P. A. Condado o organizador no pavillón municipal Cándido Carrera Estévez de Salvaterra de Miño, contando coa presenza de 28 deportistas e co inicio previsto para as 9:30 horas, aínda que neste caso a competición só se realizará pola mañá.

Lembramos que podedes consultar os horarios e as ordes de saída na páxina web de competición de Patinaxe Artística.

Ordes de saída

A Coruña: 4850690-orden_salida-filePontevedra: 4850693-orden_salida-file

#eupatino

2019-06-08-PA-Cartel-Provincial-Pontevedra

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL