PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
2019-05-11.12-PA-Cartel-CGalego-Libre

May 08

Avance Campionato Galego de Patinaxe Artística Libre

O club C.A.R.P.A.-Viqueira organiza esta fin de semana unha nova edición do Campionato Galego de Patinaxe Artística para as categorías Cadete a Sénior na modalidade libre. A competición disputarase en dúas xornadas, o sábado 11 de maio e o domingo 12, no pavillón de Candeán en Vigo, sendo necesario dividir o programa deste xeito debido á implantación do novo sistema de puntuación Rollart e que se realizará por primeira vez, o que alongará a duración da competición.

O sábado comenzará ás 9:00 horas cos adestramentos e a partir das 10:00 desenvolverase o programa de disco curto para as categorías Cadete e Xuvenil, en ambos casos masculino e feminino, e Júnior masculino. A tarde, desde as 15:45 na que se iniciarán os adestramentos, quedará reservada para Júnior feminino e Sénior, tamén masculino e feminino. Ademais, a partir das 18:15, os patinadores e patinadoras da categoría Cadete regresarán á pista para realizar o programa de disco libre que, no resto das mesmas, quedará emprazado para a mañá do domingo (Xuvenil, Júnior e Sénior) desde as 9:30 horas. En total, haberá 34 inscritos con 16 en Cadete, 9 en Xuvenil, 11 en Júnior e 7 en Sénior, podendo consultar as ordes de saída e os horarios na nosa páxina web de competicións.

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL