PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
2019-07-27-PA-Cartel-CG-Benxamin-Alevin-Infantil

Jul 24

Avance Campionato Galego de Patinaxe Artística libre para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil

O C. P. A. Gondomar organiza o sábado 27 de xullo no pavillón do C.E.I.P. Souto-Donas o Campionato Galego de Patinaxe Artística na modalidade libre para as categorías Benxamín, Alevín e Infantil que contará coa presenza de 35 participantes. Pola mañá, desde as 10:00 horas, desenvolveranse os adestramentos de Infantil e Benxamín para dar paso unha hora máis tarde ao programa de disco curto de Infantil e Benxamín, co que rematará a xornada matinal.

A competición reanudarase ás 15:30 cos adestramentos de Alevín e a continuación os programas longos de Alevín e Infantil para rematar sobre as oito da tarde, momento no que se procederá á entrega de trofeos.

Os horarios e a orde de saída poden ser consultados na páxina web de competicións de Patinaxe Artística.

#eupatino

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL