Unha vez disputadas as fases previas das categorías Alevín, Infantil e Xuvenil das Copas Federación de Hóckey sobre Patíns, este fin de semana comezan a respectivas fases finais cos emparellamentos de cuartos de final, que se disputarán a partido único na pista do mellor clasificado na fase de grupos. As semifinais, que se celebrarán o 8 de xuño, definiranse a sorteo puro entre os catro equipos que accedan ás mesmas para dúas semanas máis tarde, o día 22, xogar as finais das tres categorías nunha sede única.
#eupatino