Logo de la Fundación Deporte Galego

Nov 08

Aprobado o protocolo FISICOVID DXTGALEGO FGP

A Secretaría Xeral para o Deporte comunicou á Federación Galega de Patinaxe a aprobación da actualización do Protocolo FISICOVID DXT GALEGO presentado pola FGP.

 

 

Esta aprobación permitirá a práctica deportiva nas diferentes modalidades deportivas que integran a FGP (Patinaxe de Velocidade, Roller Derby, Freestyle In Line, Hóckey Liña, Hóckey Patíns, Patinaxe Artístico, Roller Freestyle e Skate) sen máscara para todos os deportistas maiores de 12 anos que mostren certificado de vacinación COVID con pauta completa, alomenos 14 días antes da celebración do adestramento/partido, que presenten ‘Certificado de Recuperación’, que e o certificado emitido polo servizo público de saúde que confirme que o titular recuperouse dunha infección polo SARS-CoV-2 nos últimos 6 meses, ou que realicen un test previo.

 

Os responsables COVID de cada club terán a tarefa de velar polo cumprimento nas datas de expedición dos requeridos certificados dentro dos prazos estipulados, así como no tocante á realización dos test.

Asimesmo, todos os menores de 12 anos terán que seguir empregando a máscara cirúrxica.

Esta medida, así como o conxunto do novo Protocolo serán de aplicación inmediata dende a súa publicación, quedando xa polo tanto en vigor.

 

 

Dende a FGP damos as grazas polo esforzo, compromiso coas regras e colaboración no seu cumprimento a todos os axentes vencellados á FGP.
Ademáis, os documentos pormenorizados con toda a información sobre o Protocolo (Documento xeral e anexos relacionados con adestramentos, e competición, ámbolos dous importantes) están disponibles para a súa descarga e consulta.
Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL