PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Logo de la Fundación Deporte Galego

Oct 06

Apertura do Prazo de presentación de axudas do DGAN 2020

A Fundación Deporte Galego ven de o 5 de outubro, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2020, baixo a denominación Convocatoria de AXUDAS DGAN 2020”e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel. Este plan é unha actuación máis na liña de apoiarte para que sigas mellorando o teu rendemento deportivo e co que pretendemos axudarte na túa dedicación ao deporte de alto nivel.

Esta convocatoria conta nesta ocasión con seis tipos de axudas: Axuda DGAN 1, Axuda DGAN 2, Axuda DGAN 3, Axuda DGAN 4, Axuda DGAN 5 e Axuda DGAN 6, que serán asignadas segundo os resultados deportivos que tiveras acadados durante o ano 2019 (non se valorarán resultados acadados en anos anteriores ou posteriores) e que a túa Federación Galega poida acreditarnos posteriormente á túa solicitude.

As devanditas bases desta convocatoria están á vosa disposición na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e na web http://deporte.xunta.gal  (tamén as podes revisar en formato PDF neste mesmo correo). A destacar, en todo caso, que o prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe martes 6 de outubro e rematará o vindeiro martes 20 de outubro de 2020.

 

Como novidade da presente edición:

De cara a potenciar unha vez máis a colaboración con deportistas DGAN que compiten en modalidades/especialidades deportivas paralímpicas e de deporte adaptado, podemos destacar a instauración por primeira vez dunha nova liña de axudas a deportistas de apoio/deportistas guía (D.A.), naquelas modalidades/especialidades paralímpicas e deporte adaptado onde é necesaria a participación do deportista guía/apoio na propia competición.

 

Ademais, recordámosvos que, do mesmo xeito que na anterior edición, poderedes:

 

  • Solicitar axuda todos/as aqueles/as deportistas que esteades ou estiverades recoñecidos pola Secretaría Xeral para o Deporte coma Deportistas de Alto Nivel nalgún momento dos anos 2019 e/ou 2020 (aínda que a día de hoxe non estea vixente o recoñecemento).
  • Cursar a solicitude de axuda de forma telemáticaademais de manter a liña tradicional de presentación presencial en formato papel. Teredes á vosa disposición os formularios normalizados (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderedes utilizar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da propia Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), habilitándose un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR961A (que estará dispoñible a partir de mañá, día martes 6 de outubro).
  • Presentar a solicitude en formato papel en calquera rexistro oficial polo que se poida achegar documentación ás Administración Públicas, tal e como se indica no apartado 5 das bases. No caso de efectuar a presentación da solicitude nun rexistro oficial diferente ao propio da Fundación Deporte Galego, as persoas deportistas solicitantes veranse obrigadas a comunicalo no mesmo día por correo electrónico ao enderezo da Fundación (fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal), remitindo anexa a propia solicitude e a xustificación de presentación ou imposición, no que deberá figurar a correspondente data. O incumprimento do disposto no presente parágrafo implicará que, para todos os efectos, a Fundación considerará presentada a solicitude na data en que sexa efectivamente recibida no Rexistro da Fundación Deporte Galega.
  • Remitirnos unicamente cuberto o anexo I de Solicitude e, se fora o caso, o anexo II de Autorización de representación (menores de idade ou outros casos de representación legal).
  • Evitar acudir á túa Federación Deportiva Galega correspondente para que che cubran o certificado de resultados, pois o mesmo seralles solicitado directamente por parte da Fundación Deporte Galego.

Para calquera dúbida, podes contactar co técnico deportivo responsable desta convocatoria, Luciano Díaz, no teléfono 881.996.375 ou no correo electrónico: luciano.diaz.martinez@xunta.gal

 

Documentación

PR961A Bases AXUDAS DGAN

2020 PR961A-Castellano

PR961A-Galego

Anuncio DOG Axudas DGAN 2020 (galego)

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL