logo deporte galego

Jul 10

Aberto o prazo para solicitar o cobro de axuda para as entidades beneficiarias das subvencións por actividades deportivas

Hoxe, venres 10 de xullo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN coas listaxes definitivas de entidades beneficiarias das subvencións por actividades deportivas (procedemento PR945C), así como as solicitudes denegadas por non acadar a puntuación mínima, e as inadmitidas e desistidas da súa petición.

Os beneficiarios poden solicitar o cobro da axuda e achegar a documentación xustificativa a través da sede electrónica a partir de mañá, sábado 11 de xullo. O prazo para solicitar o pago do cobro rematará o vindeiro 10 de agosto.

Recoméndase ler a “GUÍA” que está dispoñible xunto coa resolución de beneficiarios no seguinte enlace.

Ver GUÍA e RESOLUCIÓN de beneficiarios (apartado CONVOCATORIAS):

guia_xustificacion_2020

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL