PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Logo de la Xunta de Galicia

Sep 09

A XUNTA EXPRESA A SÚA “ENORME DECEPCIÓN” POLA RENUNCIA DO CSD A ELABORAR O PROTOCOLO MARCO PARA A COMPETICIÓN NON PROFESIONAL DE ÁMBITO ESTATAL

 

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de expresar a súa “enorme decepción” pola renuncia do Consello Superior de Deportes ás súas competencias, nomeadamente no que respecta á elaboración do protocolo marco para a competición non profesional de ámbito estatal.

 

 

Apenas dez días despois do compromiso do ministro de Cultura e Deporte para a elaboración do protocolo e a incorporación dos responsables autonómicos e das federacións nacionais a unha plataforma de traballo conxunta, o CSD vén de romper as negociacións por non atopar consenso en torno ás probas de detección da enfermidade e á asistencia de público aos eventos.

 

Neste punto, o secretario xeral para o Deporte apuntou que a Xunta de Galicia xa actuou o pasado 27 de agosto para “emendar a inoperancia do CSD” ante a competición non profesional de ámbito estatal a través dunha Orde sobre a modificación de determinadas medidas previstas no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020. Grazas a esta acción o deporte galego permite o contacto nunha serie de circunstancias, entre elas a dos equipos galegos que participan en competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal con previsión de inicio da competición.

 

Lete Lasa apuntou que a Xunta de Galicia “volverá a actuar para defender aos equipos de Galicia e para solucionar a ausencia de medidas nas competencias do CSD”.

 

Neste sentido, lembrou tamén que a competencia para elaborar o protocolo para as competicións non profesionais de ámbito estatal é do CSD xunto as federacións nacionais e que a vontade da Xunta foi sempre “colaborar co resto de comunidades para axudar na redacción deste protocolo que o CSD pode aprobar de xeito unilateral en calquera momento”.

Respecto aos puntos que segundo o CSD non atoparon consenso, Lete Lasa informou que as medidas propostas polo CSD “abocan á desaparición da maioría de clubs non profesionais. Nun primeiro lugar por non permitir o acceso de público aos estadios e, nun segundo lugar, por querer trasladar o modelo do fútbol profesional ao resto de competicións non profesionais, algo que é inviable polo custo e a situación dos deportistas”.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL