PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
Logo de la Fundación Deporte Galego

Dic 04

A Xunta destinará 32,5 millóns de euros para o deporte en Galicia

José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte, mantivo unha xuntanza cos representantes das 58 federacións deportivas de Galicia na que se abordaron os principais temas con respecto ao 2021.

 

Un ano no que a Secretaría Xeral para o Deporte contará cun orzamento total duns 32.508.729 euros, o que representa un incremento do 28,5%.

 

Lete presentou ante os responsables das federacións o borrador de criterios para a asignación das contías dos convenios de colaboración para o vindeiro ano que terán aproximadamente a mesma contía que no 2020 (4,4 millóns de euros), o que representa un logro contando que a actividade deportiva non se atopa recuperada totalmente. Ademais, o secretario xeral agarda que estes convenios poidan ser sufragados no mes de marzo, grazas a súa tramitación por anticipado. 

 

Lete Lasa informou ás federacións sobre as convocatorias que estarán dispoñibles para 2021 suliñando que a convocatoria a clubs e entidades contará cunha liña para gastos de desenvolvemento da actividade deportiva ordinaria cun importe de 1,9 millóns de euros e unha liña de actuación para gastos orixinados pola pandemia cun orzamento de dous millóns de euros. 

 

Informou, ademáis, que prosigue a convocatoria de axudas para a adquisición de equipamentos deportivos, dotada de 700.000 euros. Esta liña de axudas tamén prevé a adquisición do material sanitario inventariable para a prevención da COVID-19.

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL