PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
RD-2019-03-16-LigaGalega-Xornada3-11

Mar 18

A terceira xornada da Liga Galega de Roller Derby decidiu os dous equipos que se disputarán o título

A Liga Galega de Roller Derby cubriu o pasado sábado 16 de marzo o seu derradeiro capítulo da fase regular cos encontros correspondentes á terceira xornada. Tras o paso por Vigo e Santiago de Compostela, o pavillón de Monte Alto da Coruña acollía os dous encontros que ían decidir os postos dos catro equipos participantes, sendo desta vez Irmandiñas Roller Derby A Coruña o anfitrión e que comenzaban a tarde enfrentándose a Sereas Bravas Roller Derby Vigo, certificando coa súa vitoria (9-243) as olívicas o seu pase á final ao concluír as tres xornadas con todos os partidos gañados.
No seguinte partido e a pesar da derrota (86-127) ante As Brigantias Roller Derby A Coruña, o único dos catro conxuntos que compite exclusivamente con xogadoras mentres o resto son mixtos, Jabatas de Ourense xogará a final do 27 de abril en Ourense contra Sereas Bravas. Na xornada da fase final os dous equipos da Coruña, As Brigantias e Irmandiñas decidirán quen remata esta primeira edición da Liga Galega na terceira posición.
#eupatino
RD-2019-03-16-LigaGalega-Xornada3-16 RD-2019-03-16-LigaGalega-Xornada3-17 RD-2019-03-16-LigaGalega-Xornada3-15 RD-2019-03-16-LigaGalega-Xornada3-14

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL