PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2 @Alex Novoa (8)

Feb 17

A segunda xornada da Liga Galega de Roller Derby celebrouse en Santiago de Compostela

A Liga Galega de Roller Derby cubriu un novo capítulo no pavillón de Fontiñas o sábado 16 de febreiro coa segunda xornada da competición, desta volta organizada por As Brigantias e coa colaboración da concellaría de deportes de Santiago de Compostela.

Loxicamente o interés estaba centrado no partido entre As Brigantias Roller Derby A Coruña e Sereas Bravas Roller Derby Vigo, o cal non defraudou pois houbo moita igualdade entre ambos conxuntos, como non podía ser doutro xeito, decantándose finalmente a favor das viguesas por un resultado de 104-126. No segundo partido da xornada, Irmandiñas Roller Derby A Coruña cedía ante Jabatas de Ourense por 30-291. Os compoñentes dos catro equipos queren agradecer a colaboración de todo o persoal de arbitraxe, tanto oficiais con NSO ou sen patíns.

Irmandiñas será o anfitrión da terceira e derradeira xornada da Liga Galega o 16 de marzo no pavillón de Monte Alto da Coruña e que decidirá que formacións xogarán a final e o partido polo terceiro e cuarto posto, que terán lugar en Ourense o 27 de abril.

[Fotos: Álex Novoa]

#eupatino

RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2 @Alex Novoa (1) RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2 @Alex Novoa (2) RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2 @Alex Novoa (3) RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2 @Alex Novoa (4) RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2 @Alex Novoa (5) RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2 @Alex Novoa (6)  RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2-1 RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2-2

RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2-3 RD-2019-02-16-LigaGalega-Xornada2-4

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL