benedetti

May 22

A ryder coruñesa Julia Benedetti consigue a praza para os Xogos de Tokio

A ryder coruñesa do Maroña Indoor, Julia Benedetti, clasificouse para os Xogos Olímpicos de Tokio grazas a súa actuación nas semifinais de Park no Dew Tour, que se está disputando en Des Moines (Iowa).

 

Benedetti competirá hoxe na final, tras rematar séptima nunhas semifinais que estiveron condicionadas pola choiva e que se tiveron que suspender. Trala actualización da World Skate, Benedetti acadará o posto 13º do ránking, o que lle asegura estar na cita olímpica, na que competirán os primeiros 20 ryders da clasificación mundial.

 

A competición pode seguirse a través da canle oficial do Dew Tour en Youtube.

 

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL