PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
F4-Senior-Feminina-YouTube

May 23

A Final a 4 da Liga Galega Sénior Feminina de Hóckey sobre Patíns será retransmitida pola canle de YouTube da Federación Galega de Patinaxe

O pavillón de Monte Alto na Coruña acolle este domingo 26 de maio a derradeira das Finais a 4 das Ligas Galegas de Hóckey sobre Patíns, sendo desta vez a quenda da categoría Sénior Feminina na que participarán os equipos que remataron a fase regular nas catro primeiras prazas e que decidirá ao campión galego.

As semifinais disputaranse pola mañá, co H. C. Borbolla, o campión da liga regular, enfrontándose ao Diver Patín C. D. desde as 10:30 horas. Na segunda mediranse H. C. Liceo e C. H. Compostela como segundo e terceiro clasificados, iniciándose a mesma ás 12:00. Ambas poderán ser vistas en directo pola canle de YouTube da Federación Galega de Patinaxe, sendo tamén retransmitidos os dous encontros da tarde, o que decidirá o terceiro o cuarto posto (18:30 horas) e a final (20:00), da que sairá o campión da tempada 2018-2019.

Horarios e resultados

#eupatino

F4-Senior-Feminina-Horarios

 

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL