IMG-20191205-WA0003

Dic 05

A Federación Galega de Patinaxe, premiada na Gala do Deporte de A Coruña

A Federación Galega de Patinaxe foi distinguida na Gala do Deporte de A Coruña e a súa comarca que organizou o xornal La Opinión A Coruña no centro Ágora. Un xurado formado por expertos e deportistas de diferentes ámbitos premiou o ente federativo pola organización do Campeonato de Europa de Hóckei Patíns, galardonada como mellor competición.  Esta disputouse en xullo de 2018 con éxito de participantes e organización e nela España proclamouse campiona. En nome da Federación, que preside Vicente Torres Prada, recolleu o premio o vicepresidente, Julio Parga.

“Agradecer o Concello da Coruña, o xornal La Opinión, a Xunta de Galicia, pola súa colaboración no campeonato e a xente que estivo traballando, coma foron os voluntarios”, agradeceu Parga no seu discurso.

Non remataron aí os galardóns, pois o Hockey Club Liceo foi distinguido como mellor equipo, a patinadora Nadia Iglesias coma mellor deportista promesa feminina, Unai Cereijo (CP Maxia) foi finalista coma mellor deportista promesa masculina, Rosa García (CP MAXIA) tamén o foi na categoría de mellor adestradora e Ignacio Alabart, fillo do exliceísta Kiko Alabart, e xogador do Barcelona, foi galardoado como mellor deportista masculino do 2018.

 

Fotos (de ezquerda a dereita: Julio Parga recolle o galardón, diploma do premio, Dava Torres, capitán do Liceo tras gana-lo premio de mellor equipo e trofeo acreditando o Campeonato de Europa de Hóckei Patíns coma a mellor competición de 2018). Fonte: FGP

IMG-20191205-WA0001 IMG-20191205-WA0004 IMG-20191205-WA0005 IMG-20191205-WA0006

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL