PROTOCOLO SINISTRO ASISA
APP FGP
ELECCIONES FGP 2022
ELECCIONES FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE
HP-2019-06-01.02-TorneoLusoGalaico1

Jun 03

Resultados do 8.º Torneo Luso Galaico de Hóckey sobre Patíns

As seleccións galegas masculina e feminina participaron a pasada fin de semana do 1 e 2 de xuño na oitava edición do Torneo Luso Galaico, que desta volta se disputou no polideportivo Elviña 2 da Coruña, no que a Federación Galega de Patinaxe exerceu de anfitrión. Como novidade con respecto aos Torneos de Natal, Reis e Carnaval, que se disputaron xa en Portugal coa presenza dos combinados masculinos rexionais de Hóckey sobre Patíns de Aveiro, Porto e Minho, neste tamén participaron as seleccións femininas de Galicia, Asturias, Porto e Aveiro.

Aínda que non ten carácter competitivo e non se establece clasificación final, Galicia gañaba os seus tres encontros na categoría masculina mentres que na feminina gañaban a Porto na primeira xornada, pero cedendo nas dúas seguintes ante Aveiro e Asturias.

Resultados – 8.º Torneo Luso Galaico

Sábado, 1 de xuño de 2019

Xornada 1

[Masculino] Galicia 9 – 0 A. P. Minho

[Masculino] A. P. Aveiro 5 – 0 A. P. Porto

[Feminino] Galicia 2 – 0 A. P. Porto

[Feminino] A. P. Aveiro 2 – 7 Asturias

Xornada 2

[Masculino] A. P. Minho 3 – 1 A. P. Porto

[Masculino] A. P. Aveiro 2 – 5 Galicia

[Feminino] A. P. Porto 3 – 5 Asturias

[Feminino] A. P. Aveiro 3 – 2 Galicia

Domingo, 2 de xuño de 2019

Xornada 3

[Masculino] A. P. Minho 0 – 5 A. P. Aveiro

[Masculino] Galicia 6 – 1 A. P. Porto

[Feminino] A. P. Aveiro 1 – 0 A. P. Porto

[Feminino] Galicia 1 – 2 Asturias

#eupatino

HP-2019-06-01.02-TorneoLusoGalaico4 HP-2019-06-01.02-TorneoLusoGalaico5

Oficinas y Sede Social
Praza de Agustín Díaz, nº 3
15008 - A Coruña
Redes Sociales
Página Web | www.fgpatinaxe.gal
Facebook y Twitter | FGPatinaxe
Datos de Contacto
Email General | secretaria@fgpatinaxe.gal
Tfno | 981 130 994 - Fax | 981 134 183
Copyrights © All Rights Reserved FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE AVISO LEGAL